Amosando publicacións coa etiqueta escrita. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escrita. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de outubro de 2019

PRIMEIRO PREMIO CERTAME DE FOTOGRAFÍA PONTE NAS ONDAS...!


Velaquí tendes o traballo premiado este ano no II Certame de fotografía "Imaxes do patrimonio que promove Ponte nas ondas...! A nosa alumna de 4º de ESO, Rocío Dagraza Alonso, foi a galardoada co primeiro premio neste certame. Parabéns, Rocío. 


O TREN DE MERCANCÍAS 





Nesta imaxe vexe un dos primeiros trens de mercancías que pasou por O Porriño tirado por touras. Pódese ver que non hai cables de tren por onde vai a electricidade para darlle aos trens. As mercancías ían dende Redondela e lugares cercanos, xa que as touras que o tiraban non podían con tanto peso, cansábanse xa que eran dous vagóns que ían cargados. No Porriño a mEtade da carga quitabase e logo ía cara Tui. 
As veces chegaban ata Portugal ou saían de Portugal, con mercancía, sementes e ás veces con xente dentro. Noutros casos levaban tres vagóns, nos dous primeiros levaban as mercancías e no último levaban dúas touras más, pero só cando a viaxe era moi longa. 
Alguns días cambiaban os vagóns para levar a xente, como o tren era o máis “seguro” naquela época moitas persoas subían, aínda que non fóra o máis rápido. Pero tamén como era un transporte novo que xuntaba diferentes poboacións pois a xente subía máis. 
Na imaxe aparece o meu bisavó xa que foi uns dos que construíu a vía, xa que ese é uns dos primeiros que pasaron, tiña que estar alí para comprobar que todo ía saír ben e se lle pode ver un pouco pola parte esquerda. A foto sería entre finais dos anos 50 e principios dos anos 60. Ademais xa que era unha estrada transitada polos coches, puñan as barras que se baixaban manualmente cando se vía o tren vir, para que os coches parasen como se fai actualmente.

Páxina de Ponte nas Ondas...! onde podedes consultar o resto de gañadoras e gañadores.

sábado, 18 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Este ano o día das Letras Galegas homenaxea a Antón Fraguas Fraguas(Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999), membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e director do Museo do Pobo Galego, dedicou a vida ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. O seu labor contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento, unha idea que segue a ser preciso reivindicar (fragmento da RAG).

No noso centro leváronse a cabo diferentes actividades relacionadas coa súa figura.

1. O alumnado de terceiro e cuarto de ESO e de Bacharelato asistiu o día 16 de maio á representación de A LOUCA HISTORIA DE GALICIA, a cargo de Fulano, Mengano e Citano no Multiúsos do Concello de Mos. 

2. O alumnado do centro participou con fotografías antigas da súa familia no concurso de Ponte nas ondas! AS IMAXES DO PATRIMONIO.


3.Alumnado de Música, en colaboración coa profesora Romina, tocou a Muiñeira dos nenos.  Alumnado de primeiro de ESO participou na elaboración dun vídeo dedicado a Antonio Fraguas e aos arxinas (canteiros): leron Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro na verba dos arxinas.