Amosando publicacións coa etiqueta lingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lingua. Amosar todas as publicacións

domingo, 28 de xuño de 2020

XARRAS LITERARIAS DO CONFINAMENTO



Durante o confinamento o alumnado de 1º e 2º de ESO elaborou unhas preciosas xarras literarias que vos deixamos neste enlace para que as gocedes. Pica neste enlace e poderás acceder a elas:

mércores, 17 de xuño de 2020

I CERTAME DE RELATO HISTÓRICO IES DE MOS

Este curso, os departamentos de Galego, Ciencias Sociais e o Equipo de Dinamización Lingüística, xunto coa ANPA organizamos un certame literario de relatos históricos.

Este certame naceu na Idade das clases presenciais, mais medrou no Tempo do Confinamento. O estado de alarma nada dicía da creación literaria, polo que seguimos adiante con esta primeira edición! Neste vídeo tedes o ditame do xurado.


luns, 14 de outubro de 2019

PRIMEIRO PREMIO CERTAME DE FOTOGRAFÍA PONTE NAS ONDAS...!


Velaquí tendes o traballo premiado este ano no II Certame de fotografía "Imaxes do patrimonio que promove Ponte nas ondas...! A nosa alumna de 4º de ESO, Rocío Dagraza Alonso, foi a galardoada co primeiro premio neste certame. Parabéns, Rocío. 


O TREN DE MERCANCÍAS 





Nesta imaxe vexe un dos primeiros trens de mercancías que pasou por O Porriño tirado por touras. Pódese ver que non hai cables de tren por onde vai a electricidade para darlle aos trens. As mercancías ían dende Redondela e lugares cercanos, xa que as touras que o tiraban non podían con tanto peso, cansábanse xa que eran dous vagóns que ían cargados. No Porriño a mEtade da carga quitabase e logo ía cara Tui. 
As veces chegaban ata Portugal ou saían de Portugal, con mercancía, sementes e ás veces con xente dentro. Noutros casos levaban tres vagóns, nos dous primeiros levaban as mercancías e no último levaban dúas touras más, pero só cando a viaxe era moi longa. 
Alguns días cambiaban os vagóns para levar a xente, como o tren era o máis “seguro” naquela época moitas persoas subían, aínda que non fóra o máis rápido. Pero tamén como era un transporte novo que xuntaba diferentes poboacións pois a xente subía máis. 
Na imaxe aparece o meu bisavó xa que foi uns dos que construíu a vía, xa que ese é uns dos primeiros que pasaron, tiña que estar alí para comprobar que todo ía saír ben e se lle pode ver un pouco pola parte esquerda. A foto sería entre finais dos anos 50 e principios dos anos 60. Ademais xa que era unha estrada transitada polos coches, puñan as barras que se baixaban manualmente cando se vía o tren vir, para que os coches parasen como se fai actualmente.

Páxina de Ponte nas Ondas...! onde podedes consultar o resto de gañadoras e gañadores.

mércores, 19 de xuño de 2019

I CONCURSO DE BOOKTUBER

Hoxe entregamos os premios ás nosas booktubers deste ano: Natalia (categoría ESO) e Alba (categoría Bacharelato). Parabéns para estas boas comunicadoras. 

Desde o EDLG queremos agradecer á LIBRARÍA ARTE Y CIENCIA MOS a súa colaboración na concesión dos premios e invitámosvos a que visitedes o seu Facebook picando na ligazón de arriba. 


Velaquí o traballo das dúas:


Rebeca Alonso


Natalia Blanco

luns, 10 de xuño de 2019

LINGUA PORTUGUESA/EUROPA

O alumnado de Lingua Portuguesa do noso centro elaborou un programa de radio sobre a lingua portuguesa e as siglas das linguas de Europa que aparecen reflectidas nos nosos billetes. Deixamos aquí a ligazón para que o escoitedes: 


Outro dos traballos realizados polo alumnado de portugués de 2º PMAR para a promoción da lingua no centro foi unha exposición de fotografía e actividades culturais en lingua portuguesa. 

xoves, 6 de xuño de 2019

XESTIONAMOS O MEDIOAMBIENTE

As nosas reporteiras atrévense con todo e non deixan de cuestionar a degradación ambiental que estamos a sufrir a pasos axigantados. Para realizar o programa asesoráronse con expertas biólogas e entrevistaron a Raquel e Iria.

Tamén petaron á porta do concello para entrevistar á concelleira que se ocupa destas cuestión. 

Deixamos aquí o enlace para que o escoitedes, esperamos que vos guste.

xoves, 30 de maio de 2019

ESCOLLER PORTUGUÊS


O alumnado de segundo de ESO con axuda da súa profesora de portugués realizou un vídeo no que anima aos seus compañeiros que entrarán en 1º de ESO no próximo ano a que escollan esta lingua como unha opción que lles pode abrir moitas portas nun futuro.

Velaquí o tedes: 





sábado, 25 de maio de 2019

ENCONTRO DO ALUMNADO DE SKYPE EN GUIMARÃES






Por fin chegou o día de atoparnos en persoa. O día 24 de maio saímos do IES de Mos ás 9.30 e viaxamos no mesmo autocar cos nosos compañeiros e compañeiras do IES das Barxas. O destino era a vila de Guimarães, berce do país portugués. 


A climatoloxía acompañounos durante todo o día, acompañáronnos na viaxe os profesores: Margarida, Alfonso, Montse e Rosa.

Primeiro visitamos o Paço dos duques de Bragança e despois o Castelo, pasando pola capela na que supostamente foi bautizado Afonso Henriques, do que nos puxeran unha curtametraxe no autobús. Alí merendamos e despois baixamos ao centro. O primeiro que visitamos foi o museo Alberto Sampaio. 


O xantar fixémolo polo centro histórico e, ao rematar, déronnos unha guía que elaborou o museo Alberto Sampaio para localizar diversos elementos históricos de Guimarães. Había que preguntar aos vimaranenses para obter pistas. 

Posteriormente dirixímonos ao teleférico para subir ata a Penha, onde gozamos do paseo en mini-tren turístico para ver as distintas covas que crean alí as rochas. 


luns, 20 de maio de 2019

PREHISTORIA MOS


Este ano o noso centro comezou a pór en marcha un novo  proxecto: A prehistoria. É significativo na nosa contorna o desenvolvemento deste pois, unha das riquezas a pór en valor, é o patrimonio prehistórico que comezou a levar adiante xa hai uns anos a Asociación Cultural Viaxamos no Tempo.

Co proxecto fóronse levando adiante varias actividades: 


- O alumnado de 1º de ESO:

a) Elaborou nas aulas de Lingua Galega un pan de landras, podedes ver a entrada e os comentarios do alumnado no blog Matinando na lingua ou picando neste enlace: Proceso de elaboración do pan de landras

b) Realizou nas aulas de Plástica un taller de pintura aborixe. 







c) Asistiron a talleres de caza, de moído, de lume, de fabricación de ferramentas de pedra e de caza.


 

- O alumnado de 3º e 4º da ESO, primeiramente e o de 2º, posteriormente, visitou o monte Facho e a praia de Barra no concello de Cangas do Morrazo. Alí o alumnado tiña que cubrir unha ficha elaborada polo departamento de Bioloxía na que tiñan que localizar especies vexetais e diversos lugares da contorna. 

Ademais das espectaculares vistas que se divisan dende alí observamos o tipo de poboamento que ao longo do tempo se realizou na zona. 


Neste proxecto colabora activamente o Equipo de Dinamización Lingüística e os departamentos de Plástica, Bioloxía e Xeoloxía, Filosofía, Xeografía e Historia, Lingua Galega. 



Se picas neste enlace poderás ver o produto final no que se concretan todas estas experiencias de aprendizaxe: PROXECTO PREHISTORIA EN MOS



sábado, 18 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Este ano o día das Letras Galegas homenaxea a Antón Fraguas Fraguas(Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999), membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e director do Museo do Pobo Galego, dedicou a vida ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. O seu labor contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento, unha idea que segue a ser preciso reivindicar (fragmento da RAG).

No noso centro leváronse a cabo diferentes actividades relacionadas coa súa figura.

1. O alumnado de terceiro e cuarto de ESO e de Bacharelato asistiu o día 16 de maio á representación de A LOUCA HISTORIA DE GALICIA, a cargo de Fulano, Mengano e Citano no Multiúsos do Concello de Mos. 

2. O alumnado do centro participou con fotografías antigas da súa familia no concurso de Ponte nas ondas! AS IMAXES DO PATRIMONIO.


3.Alumnado de Música, en colaboración coa profesora Romina, tocou a Muiñeira dos nenos.  Alumnado de primeiro de ESO participou na elaboración dun vídeo dedicado a Antonio Fraguas e aos arxinas (canteiros): leron Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro na verba dos arxinas.

venres, 10 de maio de 2019

O GALEGO: LINGUA INTERNACIONAL

Xa próximo o Día das Letras Galegas quixemos aproveitar para recordar que o galego é unha lingua válida para todos os ámbitos. As nosas xornalistas entrevistaron a un membro da Mesa pola Normalización Lingüística. Aquí deixamos o enlace para que escoitedes o programa completo. Esperamos que vos guste.



Ao mesmo tempo queremos invitarvos a que coñezades a app ABERTOS AO GALEGO, picando neste enlace. 

 



luns, 6 de maio de 2019

QUINTO ENCONTRO POR SKYPE

Neste encontro xa tiñamos claro cal ía ser o lugar para visitar e así puidemos xa comezar a preparar a visita a Guimarães, no país veciño.



luns, 29 de abril de 2019

mércores, 24 de abril de 2019

E AGORA AS GRÁFICAS DAS ENQUISAS DAS MERENDAS


1.-Graficos dos datos da enquisa referida ao Almorzo dos alumnos de 2ºESO:
 

2.-Graficos dos datos da enquisa referida a Media Maña dos alumnos de 2ºESO:
 




3.-Graficos dos datos da enquisa referida ao  tipo de  Almorzo dos alumnos de 2ºESO:
 

3.1. Gráficos dos datos da enquisa referida ao  tipo de  Almorzo das alumnas de 2ºESO:
 




3.2. Gráficos dos datos da enquisa referida ao  tipo de  Almorzo dos alumnos de 2ºESO:

 


4.-Gráficos dos datos da enquisa referida ao  tipo de pan empregado no bocadillo dos alumnos de 2ºESO:
 





5. -Gráficos dos datos da enquisa referida ao  tipo de recheo empregado no bocadillo dos alumnos de 2ºESO:

 

5.1.-Graficos dos datos da enquisa referida ao  tipo de recheo empregado no bocadillo dos alumnos de 2ºESO:

Aquí deixamos os gráficos do noso traballo para o Plan Proxecta Aliméntate ben. 
 

6.-Graficos dos datos da enquisa referida a Merenda dos alumnos de 2ºESO:                                                                                                                   
 

 
 
 
7.-Graficos dos datos da enquisa referida o comportamento do Almorzo e Merenda no fin de semana, e o verán dos alumnos de 2ºESO respecto o Almorzo durante o curso:


    7.1. Almorzos fin de semana:   
 
 
 
7.1. Almorzos no  Verán: