domingo, 28 de xuño de 2020

XARRAS LITERARIAS DO CONFINAMENTO



Durante o confinamento o alumnado de 1º e 2º de ESO elaborou unhas preciosas xarras literarias que vos deixamos neste enlace para que as gocedes. Pica neste enlace e poderás acceder a elas:

mércores, 17 de xuño de 2020

I CERTAME DE RELATO HISTÓRICO IES DE MOS

Este curso, os departamentos de Galego, Ciencias Sociais e o Equipo de Dinamización Lingüística, xunto coa ANPA organizamos un certame literario de relatos históricos.

Este certame naceu na Idade das clases presenciais, mais medrou no Tempo do Confinamento. O estado de alarma nada dicía da creación literaria, polo que seguimos adiante con esta primeira edición! Neste vídeo tedes o ditame do xurado.


luns, 14 de outubro de 2019

PRIMEIRO PREMIO CERTAME DE FOTOGRAFÍA PONTE NAS ONDAS...!


Velaquí tendes o traballo premiado este ano no II Certame de fotografía "Imaxes do patrimonio que promove Ponte nas ondas...! A nosa alumna de 4º de ESO, Rocío Dagraza Alonso, foi a galardoada co primeiro premio neste certame. Parabéns, Rocío. 


O TREN DE MERCANCÍAS 





Nesta imaxe vexe un dos primeiros trens de mercancías que pasou por O Porriño tirado por touras. Pódese ver que non hai cables de tren por onde vai a electricidade para darlle aos trens. As mercancías ían dende Redondela e lugares cercanos, xa que as touras que o tiraban non podían con tanto peso, cansábanse xa que eran dous vagóns que ían cargados. No Porriño a mEtade da carga quitabase e logo ía cara Tui. 
As veces chegaban ata Portugal ou saían de Portugal, con mercancía, sementes e ás veces con xente dentro. Noutros casos levaban tres vagóns, nos dous primeiros levaban as mercancías e no último levaban dúas touras más, pero só cando a viaxe era moi longa. 
Alguns días cambiaban os vagóns para levar a xente, como o tren era o máis “seguro” naquela época moitas persoas subían, aínda que non fóra o máis rápido. Pero tamén como era un transporte novo que xuntaba diferentes poboacións pois a xente subía máis. 
Na imaxe aparece o meu bisavó xa que foi uns dos que construíu a vía, xa que ese é uns dos primeiros que pasaron, tiña que estar alí para comprobar que todo ía saír ben e se lle pode ver un pouco pola parte esquerda. A foto sería entre finais dos anos 50 e principios dos anos 60. Ademais xa que era unha estrada transitada polos coches, puñan as barras que se baixaban manualmente cando se vía o tren vir, para que os coches parasen como se fai actualmente.

Páxina de Ponte nas Ondas...! onde podedes consultar o resto de gañadoras e gañadores.

martes, 1 de outubro de 2019

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2019-20

Neste curso 2019-20 retomamos o noso blog para dar conta de todas as actividades que realicemos no noso equipo. 

 

mércores, 19 de xuño de 2019

I CONCURSO DE BOOKTUBER

Hoxe entregamos os premios ás nosas booktubers deste ano: Natalia (categoría ESO) e Alba (categoría Bacharelato). Parabéns para estas boas comunicadoras. 

Desde o EDLG queremos agradecer á LIBRARÍA ARTE Y CIENCIA MOS a súa colaboración na concesión dos premios e invitámosvos a que visitedes o seu Facebook picando na ligazón de arriba. 


Velaquí o traballo das dúas:


Rebeca Alonso


Natalia Blanco

luns, 10 de xuño de 2019

LINGUA PORTUGUESA/EUROPA

O alumnado de Lingua Portuguesa do noso centro elaborou un programa de radio sobre a lingua portuguesa e as siglas das linguas de Europa que aparecen reflectidas nos nosos billetes. Deixamos aquí a ligazón para que o escoitedes: 


Outro dos traballos realizados polo alumnado de portugués de 2º PMAR para a promoción da lingua no centro foi unha exposición de fotografía e actividades culturais en lingua portuguesa. 

xoves, 6 de xuño de 2019

XESTIONAMOS O MEDIOAMBIENTE

As nosas reporteiras atrévense con todo e non deixan de cuestionar a degradación ambiental que estamos a sufrir a pasos axigantados. Para realizar o programa asesoráronse con expertas biólogas e entrevistaron a Raquel e Iria.

Tamén petaron á porta do concello para entrevistar á concelleira que se ocupa destas cuestión. 

Deixamos aquí o enlace para que o escoitedes, esperamos que vos guste.