Velaquí tendes o traballo premiado este ano no II Certame de fotografía "Imaxes do patrimonio que promove Ponte nas ondas...! A nosa alumna de 4º de ESO, Rocío Dagraza Alonso, foi a galardoada co primeiro premio neste certame. Parabéns, Rocío.
O TREN DE MERCANCÍAS
Nesta imaxe vexe un dos primeiros trens de
mercancías que pasou por O Porriño tirado por touras. Pódese ver que non
hai cables de tren por onde vai a electricidade para darlle aos trens.
As mercancías ían dende Redondela e lugares cercanos, xa que as touras
que o tiraban non podían con tanto peso, cansábanse xa que eran dous
vagóns que ían cargados. No Porriño a mEtade da carga quitabase e logo
ía cara Tui.
As veces chegaban ata Portugal ou saían de Portugal, con
mercancía, sementes e ás veces con xente dentro. Noutros casos levaban tres
vagóns, nos dous primeiros levaban as mercancías e no último levaban dúas
touras más, pero só cando a viaxe era moi longa.
Alguns días cambiaban
os vagóns para levar a xente, como o tren era o máis “seguro” naquela
época moitas persoas subían, aínda que non fóra o máis rápido. Pero tamén
como era un transporte novo que xuntaba diferentes poboacións pois a xente
subía máis.
Na imaxe aparece o meu bisavó xa que foi uns dos que
construíu a vía, xa que ese é uns dos primeiros que pasaron, tiña que
estar alí para comprobar que todo ía saír ben e se lle pode ver un pouco
pola parte esquerda. A foto sería entre finais dos anos 50 e principios
dos anos 60. Ademais xa que era unha estrada transitada polos coches, puñan as barras que se baixaban manualmente
cando se vía o tren vir, para que os coches parasen como se fai
actualmente.
Páxina de Ponte nas Ondas...! onde podedes consultar o resto de gañadoras e gañadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario