O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Mos estivo o pasado 20 de decembro en Pontevedra, coñecendo un pouquiño máis a historia da cidade a través dun interesante roteiro. Consistía en descubrir enigmas agochados en pistas espalladas polas rúas. A actividade foi deseñada polo Departamento de Filosofía e contou coa colaboración do Dpto. de Lingua Galega e do EDLG. Finalizado o roteiro, dirixímonos ao Museo Provincial e visitamos, primeiro, a sala adicada á Prehistoria e rematamos coa visita á Sala Castelao, recentemente ampliada. A valoración dos rapaces e rapazas foi moi positiva e así se viu na súa fantástica actitude.
Parabéns ao noso alumnado polo seu comportamento!
Ningún comentario:
Publicar un comentario