O pasado
9 de novembro, o Centro Cultural As Pedriñas, de Mos, invitou ao alumnado de 2º
ESO do noso instituto á representación teatral, “Como sobrevivir a unha
apocalipse zombi” de Avento Producións
Trátase
dunha comedia interactiva, onde os actores e actrices buscan continuamente a
participación do alumnado a través do humor.
Dende o primeiro minuto, gargalladas dos rapaces e rapazas son
continuas; os divertidos personaxes van dende unha experta psiquiatra que usa
un pobre home para os seus viles experimentos, ata un Rambo despiadado ou
un “serio” presentador que vai dando
conta das instrucións que o público deberá seguir se quere sobrevivir a un
ataque zombi.
Dende o instituto, agradecemos ao Centro Cultural “As Pedriñas” o interese por achegar o mundo teatral ás aulas e espertar, se cadra, futuras vocacións e sobre todo, o amor polo teatro.
Moitas grazas pola invitación!!
E.............de parte dos actores e actrices da compañía, e tamén do profesorado acompañante.........noraboa ao alumnado de 2º ESO polo seu comportamento!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario