Hoxe retomamos a nosa radio caseira no Instituto, emitimos un programa dedicado ao lema da UNESCO para este ano: diálogo, tolerancia e paz.
Este programa será emitido tamén por Ponte nas ondas! o día 13 de febreiro a partir das 14 horas.
Grazas a todo o profesorado e alumnado que participou, foi un traballo colaborativo moi interesante no que interveu alumnado de distintos niveis, dende 1º de ESO ata 1º de Bacharelato. Tamén grazas á ANPA por facilitarnos o traballo con ese equipo caseiro.
Felicidades polo voso fermoso traballo! Grazas a tod@s os que o fixéstedes posible.
ResponderEliminar