Este ano o noso centro comezou a pór en marcha un novo proxecto: A prehistoria. É significativo na nosa contorna o desenvolvemento deste pois, unha das riquezas a pór en valor, é o patrimonio prehistórico que comezou a levar adiante xa hai uns anos a Asociación Cultural Viaxamos no Tempo.
Co proxecto fóronse levando adiante varias actividades:
- O alumnado de 1º de ESO:
a) Elaborou nas aulas de Lingua Galega un pan de landras, podedes ver a entrada e os comentarios do alumnado no blog Matinando na lingua ou picando neste enlace: Proceso de elaboración do pan de landras
b) Realizou nas aulas de Plástica un taller de pintura aborixe.
c) Asistiron a talleres de caza, de moído, de lume, de fabricación de ferramentas de pedra e de caza.
- O alumnado de 3º e 4º da ESO, primeiramente e o de 2º, posteriormente, visitou o monte Facho e a praia de Barra no concello de Cangas do Morrazo. Alí o alumnado tiña que cubrir unha ficha elaborada polo departamento de Bioloxía na que tiñan que localizar especies vexetais e diversos lugares da contorna.

Neste proxecto colabora activamente o Equipo de Dinamización Lingüística e os departamentos de Plástica, Bioloxía e Xeoloxía, Filosofía, Xeografía e Historia, Lingua Galega.
Se picas neste enlace poderás ver o produto final no que se concretan todas estas experiencias de aprendizaxe: PROXECTO PREHISTORIA EN MOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario