Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de xuño de 2019

LINGUA PORTUGUESA/EUROPA

O alumnado de Lingua Portuguesa do noso centro elaborou un programa de radio sobre a lingua portuguesa e as siglas das linguas de Europa que aparecen reflectidas nos nosos billetes. Deixamos aquí a ligazón para que o escoitedes: 


Outro dos traballos realizados polo alumnado de portugués de 2º PMAR para a promoción da lingua no centro foi unha exposición de fotografía e actividades culturais en lingua portuguesa. 

xoves, 6 de xuño de 2019

XESTIONAMOS O MEDIOAMBIENTE

As nosas reporteiras atrévense con todo e non deixan de cuestionar a degradación ambiental que estamos a sufrir a pasos axigantados. Para realizar o programa asesoráronse con expertas biólogas e entrevistaron a Raquel e Iria.

Tamén petaron á porta do concello para entrevistar á concelleira que se ocupa destas cuestión. 

Deixamos aquí o enlace para que o escoitedes, esperamos que vos guste.

venres, 10 de maio de 2019

O GALEGO: LINGUA INTERNACIONAL

Xa próximo o Día das Letras Galegas quixemos aproveitar para recordar que o galego é unha lingua válida para todos os ámbitos. As nosas xornalistas entrevistaron a un membro da Mesa pola Normalización Lingüística. Aquí deixamos o enlace para que escoitedes o programa completo. Esperamos que vos guste.



Ao mesmo tempo queremos invitarvos a que coñezades a app ABERTOS AO GALEGO, picando neste enlace. 

 



sábado, 30 de marzo de 2019

PROGRAMA DE RADIO SEMANA DA PRENSA

Velaquí o programa de radio para conmemorar o Día Internacional da Prensa. O alumnado decidiu que un dos temas que preocupa á xuventude e aparece ultimamente moitas veces en prensa é o do medio ambiente, por iso se centraron no tema.





Para realizalo puxéronse en contacto con Onda Nosa que como di a súa dona, a ferrolá Mariola López, quen recibiu un premio de la Fundación Coca-Cola polo seu proxecto empresarial: "é unha marca que representa un proxecto creativo persoal, onde o obxectivo é conxugar a arte(sanía) co amor polo océano e a natureza. En definitiva, arte e artesanías sustentables dende o Atlántico Norte, cun chisco de amor". A entrevista foi realizada por Allyson. Esperamos que vos guste. 


Pica no enlace se queres escoitalo: Programa para o Día Internacional da Prensa

venres, 29 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA PRENSA

Estes días Radio Moskeo quere conmemorar o Día Internacional da Prensa e para iso Aarón, Carlos e Nati traballaron este tema. Aquí vos deixamos o enlace para que poidades escoitalo. Esperamos que vos guste. 

venres, 22 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

Día Mundial dos Dereitos do Consumidor é o día no que reflexionamos e organizamos actividades reivindicativas para seguir avanzando, para conseguir os nosos dereitos na sociedade.
Celebrouse por primeira vez no ano 1983 a nivel mundial, dende entón o 15 de marzo, é un día no que os cidadáns reivindicamos os nosos dereitos como consumidores.

Neste traballo, que iremos publicando no noso blog, colaborou o alumnado e as familias e iremos entregando os resultados de diferentes actividades que se foron realizando para concienciar do cambio de hábitos de consumo. 
 Na seguinte ligazón podes escoitar o noso programa para ese día e a entrevista realizada á persoa encargada deste cometido no noso concello. Esperamos que vos guste.


venres, 15 de marzo de 2019

PROGRAMA DE RADIO DEDICADO AO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 O oito de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Desde hai dous anos as mulleres decidiron que pararían, así queren dar a coñecer os traballos que realizan e que son imprescindibles para a nosa sociedade.



No centro realizamos una exposición de carteis para rememorar eses días.

Na seguinte ligazón podedes escoitar o programa completo:


xoves, 28 de febreiro de 2019

PROGRAMA DE RADIO SOBRE O ENTROIDO

Neste programa de radio, os compañeiros descóbrennos unha tradición perdida hai anos no concello de Mos: os curros. 


Nesta festa os rapaces xuntábanse en grupos e levaban os seus disfraces para ir polas casas dos veciños pedindo cartos e ovos, para que o dono saíse da casa a darllelos, os rapaces berrábanlle “currr!” insistindo, entón o dono ou a dona pedía que os rapaces lles botasen un baile antes de darlles a súa recompensa, isto era “ir de curros”. Os curros eran os mozos e mozas que ían polos camiños e paraban nas casas. Era unha das festas máis esperadas do ano. Este día contaba cunha comida especial, de cocido e con comida típica do entroido como as orellas. Este xeito de celebrar o entroido entrou en desuso a partires dos anos 80.

 

Os disfraces que levaban os curros tiñan como obxectivo imitar ós vellos, eran as roupas vellas que había na casa, tamén facían caretas de tea, levaban chapeus e vasoiras e paus imitando bastóns.


Velaquí tendes a ligazón para escoitar o programa e una entrevista a unha das súas participantes nesta festa: Programa de radio sobre o Entroido 


PROGRAMA DE RADIO LINGUA MATERNA E DÍA DE ROSALÍA

Acto adicado a Vitoria en que participou o alumnado do bacharelato de artes cunha creación musical orixinal


Esta semana escoitamos un novo programa de radio. 

- Dedicamos un apartado á nosa lingua vista a través dos ollos de dúas persoas que viñeron a Galicia para instalarse aquí e de dúas persoas que non tiveron oportunidade de estudar en galego. O agarimo con que tratan a nosa fala contrasta bastante coas opinións que a miúdo temos que escoitar doutros. 

- Outro dos nosos apartados dedícase á profesora Mª Victoria Álvarez-Ruíz de Ojeda, que finou o ano pasado e deixándonos interesantes investigacións sobre Rosalía de Castro. No programa escoitamos algúns fragmentos da conferencia que pronunciou no ano 2013 no Congreso Internacional: Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada. Tamén contamos neste apartado coa colaboración de alumnado de 2º e 3º de ESO, que novelou os primeiros anos da vida de Rosalía de Castro e leu algúns dos seus poemas máis coñecidos. 

Esperamos que vos agrade. Picade na seguinte ligazón se queredes escoitalo.

venres, 8 de febreiro de 2019

PROGRAMA DE RADIO PARA O DÍA DA PAZ

Hoxe retomamos a nosa radio caseira no Instituto, emitimos un programa dedicado ao lema da UNESCO para este ano: diálogo, tolerancia e paz.

Este programa será emitido tamén por Ponte nas ondas! o día 13 de febreiro a partir das 14 horas.

Grazas a todo o profesorado e alumnado que participou, foi un traballo colaborativo moi interesante no que interveu alumnado de distintos niveis, dende 1º de ESO ata 1º de Bacharelato. Tamén grazas á ANPA por facilitarnos o traballo con ese equipo caseiro.

Dende este enlace podedes escoitar toda a gravación: Programa de radio para o día da paz.