luns, 1 de abril de 2019
TERCEIRO ENCONTRO POR SKYPE
Inauguramos abril cun novo encontro cos nosos amigos do IES As Barxas, Moaña, seguimos coñecendo os nosos gustos e a que dedicamos o tempo libre.
PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES: AS MERENDAS
Este curso o noso centro participa no Plan Proxecta Aliméntate ben, para iso fixéronse diversos traballos de investigación por parte do alumnado que tivo como referencia a lingua galega.
sábado, 30 de marzo de 2019
PROGRAMA DE RADIO SEMANA DA PRENSA
Velaquí o programa de radio para conmemorar o Día Internacional da Prensa. O alumnado decidiu que un dos temas que preocupa á xuventude e aparece ultimamente moitas veces en prensa é o do medio ambiente, por iso se centraron no tema.


Para realizalo puxéronse en contacto con Onda Nosa que como di a súa dona, a ferrolá Mariola López, quen recibiu un premio de la Fundación Coca-Cola polo seu proxecto empresarial: "é unha marca que representa un proxecto creativo persoal, onde o obxectivo é conxugar a arte(sanía) co amor polo océano e a natureza. En definitiva, arte e artesanías sustentables dende o Atlántico Norte, cun chisco de amor". A entrevista foi realizada por Allyson. Esperamos que vos guste.
Pica no enlace se queres escoitalo: Programa para o Día Internacional da Prensa
venres, 29 de marzo de 2019
DÍA INTERNACIONAL DA PRENSA
Estes días Radio Moskeo quere conmemorar o Día Internacional da Prensa e para iso Aarón, Carlos e Nati traballaron este tema. Aquí vos deixamos o enlace para que poidades escoitalo. Esperamos que vos guste.
venres, 22 de marzo de 2019
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR
O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor é o día no que reflexionamos e organizamos actividades reivindicativas para seguir avanzando, para conseguir os nosos dereitos na sociedade.
Celebrouse por primeira vez no ano 1983 a nivel mundial, dende entón o 15 de marzo, é un día no que os cidadáns reivindicamos os nosos dereitos como consumidores.
Neste traballo, que iremos publicando no noso blog, colaborou o alumnado e as familias e iremos entregando os resultados de diferentes actividades que se foron realizando para concienciar do cambio de hábitos de consumo.
Neste traballo, que iremos publicando no noso blog, colaborou o alumnado e as familias e iremos entregando os resultados de diferentes actividades que se foron realizando para concienciar do cambio de hábitos de consumo.
Na seguinte ligazón podes escoitar o noso programa para ese día e a entrevista realizada á persoa encargada deste cometido no noso concello. Esperamos que vos guste.
venres, 15 de marzo de 2019
PROGRAMA DE RADIO DEDICADO AO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O oito de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Desde hai dous anos as mulleres decidiron que pararían, así queren dar a coñecer os traballos que realizan e que son imprescindibles para a nosa sociedade.
No centro realizamos una exposición de carteis para rememorar eses días.
Na seguinte ligazón podedes escoitar o programa completo:
No centro realizamos una exposición de carteis para rememorar eses días.
Na seguinte ligazón podedes escoitar o programa completo:
luns, 11 de marzo de 2019
SEGUNDO ENCONTRO POR SKYPE
Hoxe voltamos ao segundo encontro por Skype co alumnado do IES As Barxas de Moaña para falarmos das nosas afeccións e do tempo libre.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






